ÚLTIMA CAMPAÑA DE
ABONADOS ANUAIS!

TRAMITA O TEU ABONO

DO 16 AO 31 DE DECEMBRO

RENOVACIÓNS ANUAIS

DO 16 AO 31 DE DECEMBRO:

DESCONTO DO 5%*
SOBRE O PREZO TOTAL DO ABONO

DESCONTO DO 10%*
ACCIONISTA OU FAMILIAR

DÍAS DE CLUB INCLUÍDOS
NO TEU ABONO

CONSEGUE A NOSA CAMISETA**
A UN PREZO ESPECIAL DE 67€

*Desconto máximo do 15% sobre o prezo total do abono
**Só dispoñible a segunda equipación en talla adulto

TÁBOA DE PREZOS 19/20

Exemplo de financiamento a 10 meses. TAE 7,50% **

*ITD: Importe Total Debido
**Financiamento suxeito aos criterios de concesión e risco de ABANCA Servicios Financieros, E.F.C., S.A.
TIN 7,25% TAE: 7,50%. Importe mensualidade mínima 10€
Exemplo de financiamento para abono de Marcador 292€ en 6 taxas mensuais de 30,18€. Importe total debido 301,79€

NOVAS ALTAS ANUAIS

DO 16 AO 31 DE DECEMBRO:

AFORRA A COTA DE ALTA

DESCONTO DO 5%*
ASEGURADO

DESCONTO DO 10%*
ACCIONISTA OU FAMILIAR

DÍAS DE CLUB INCLUÍDOS
NO TEU ABONO

CONSIGUE A NOSA CAMISETA**
A UN PREZO ESPECIAL DE 67€

*Desconto máximo do 15% sobre o prezo total do abono
**Só dispoñible a segunda equipación en talla adulto

TÁBOA DE PREZOS

Exemplo de financiamento a 10 meses. TAE 7,50% **

*ITD: Importe Total Debido
**Financiamento suxeito aos criterios de concesión e risco de ABANCA Servicios Financieros, E.F.C., S.A.
TIN 7,25% TAE: 7,50%. Importe mensualidade mínima 10€
Exemplo de financiamento para abono de Marcador 292€ en 6 taxas mensuais de 30,18€. Importe total debido 301,79€

ÚLTIMA CAMPAÑA
DE ABONOS ANUAIS

Calendario do proceso de cambio
de abonados anuais a abonados de tempada

Co obxetivo de unificar e mellorar o proceso de altas e renovacións
nunha única campaña, este será o último ano no que
poderás tramitar a renovación anual.

En decembro de 2020, todos facémonos de tempada.
Terás que tramitar un abono de seis meses
ata xuño do 2021, momento no que pasarás a renovar o teu abono
ao comezo de cada de tempada nas mesmas condicións
que o resto de abonados do club.

Gráfica Abonos

DESCUBRE
OS BENEFICIOS

DE SER ABONADO DO RCCelta!

Acceso a todos os partidos do RCCelta en Abanca Balaídos.

Desconto do 10% na Tenda Oficial de Abanca Balaídos, A Sede e shop.rccelta.es en produtos RCCelta e produtos oficiais tempada 19-20 Adidas

Descontos especiais en A Sede

Adquisición de entradas para partidos como visitante

Acceso a todos os partidos coma local do Celta B

Acceso a todos os partidos coma local do Celta Baloncesto da Liga 2

Acceso a sorteos e promocións durante toda a tempada

FAQS

Porqué é a última campaña de abonos anuais?

Co obxectivo de unificar e mellorar o proceso de altas e renovación nunha única campaña, este será o último ano no que poderás tramitar a renovación anual. En decembro de 2020, todos facémonos de tempada. Terás que tramitar o abono de seis meses ata xuño de 2021, momento no que pasarás a renovar o teu abono ao comezo de cada tempada nas mesmas condicións que o resto de abonados do club.

Esta tempada mantéñense os prezos?
Si, por segunda tempada consecutiva conxelamos os prezos e non aplicamos o correspondente incremento do IPC. O prezo do abono é exactamente o mesmo que na tempada 2017-18. A subida de IPC non aplicado desde 2017 é un 2,6% segundo o INE.

Cando podo tramitar o meu abono?
Poderás renovar ou dar de alta o teu abono entre o 16 e o 31 de decembro con todas as vantaxes incluídas.

Son abonado, cal é o desconto máximo ao que podo acceder?
Sobre o prezo do abono poderás conseguir un 15% como máximo se es accionista ou tes desconto familiar. Se non compres ningunha destas condicións gozarás dun 5% de desconto. Os días de club están incluídos no teu abono. Podes consultar o apartado “Descontos” para máis información.

Non son abonado, cal é o desconto máximo ao que podo acceder ao tramitar a miña alta?
Se es accionista do club ou tes desconto familiar gozarás do 15%. Se non compres ningunha destas condicións gozarás do 5% de desconto. Ningún desconto é acumulable.

Non son abonado, teño que pagar cota de alta?
Non hai cota de alta.

Como tramito o desconto de Accionista?
O prezo da túa renovación xa inclúe a túa condición de accionista, o cal implica un desconto do 15% en total. Este desconto aplícase independentemente da canle que elixas para tramitar a renovación (web ou caixeiros Abanca)

Como tramito o desconto Familiar?
Para acceder a este desconto temos que cotexar que os familiares formalizaron a súa renovación ou alta. En caso de querer que se lle devolva o importe do desconto, é obrigatorio facilitar o IBAN ao que quere recibir o importe no proceso de tramitación do abono. No caso de que non se facilite un IBAN correcto, pérdese o dereito ao desconto.

Cando enviaredes o recibo ao meu domicilio? Que podo facer se o perdo?
Enviaremos unha carta co recibo ao teu domicilio a semana do 16 de decembro. Se non o recibes ou o extravías podes descargar unha copia no portal de abonados, abonados.rccelta.es accedendo coas túas credenciais (ID carné + DNI). Os abonados que teñen domiciliado o seu abono non recibirán o recibo de pagamento, pois non é necesario xa que a tramitación é automática.

Teño dereito a descontos ao facer a alta?

Si. O 5% garantido e ademais un 10% se es accionista ou desconto familiar. Podes consultar mais información no apartado de descontos destas FAQs.

Por que teño que indicar o meu número de conta á hora de tramitar a miña alta?
Se gozas do desconto familiar ou es accionista ingresarase o importe correspondente ao teu desconto na conta indicada, durante o mes de xaneiro. No caso de que non se facilite un IBAN correcto, pérdese o dereito ao desconto.

Cando comezarán as obras da bancada de Marcador / Fondo?
Descoñecémolo. O club está aínda á espera de recibir información sobre os prazos reais para a obra.

Son socio de Marcador, teño que escoller un novo asento no estadio?
De momento non. Descoñecemos os prazos da obra pública xestionada polo Concello de Vigo. No momento de arranque da obra comunicarase aos abonados de Marcador que deben pasar pola Oficina de Abonados a escoller un novo asento.

Podo darme de alta ou cambiarme á grada de Marcador?
Si, ábrese a grada de Marcador para todo aquel que lle gustaría cambiar ou darse de alta nesta bancada.

Podo facer a renovación ou alta desde o meu móbil, tablet ou pc?
Si, podes tramitar o teu abono comodamente a través da web www.istovaidecorazon.rccelta.es. O teu Pack de Benvida chegará nun prazo dunha semana á dirección que nos indiques.

Perdo os meus descontos se tramito o meu abono online?
Non, en ningún caso. Se dispós dalgún desconto gozaralo igualmente se tramitas o abono online. Debe facilitarnos un IBAN para que lle devolvamos o importe nunha transferencia.

Podo dar de alta e renovar calquera categoría?
Si, todas as categorías e bancadas pódense tramitar online, excepto o Carné Miudiños. O Carné Miudiño poderás tramitalo de maneira gratuíta en calquera momento da tempada presentando o Libro de Familia na Oficina de Abonados de Abanca Balaídos. Consulta o detalle das condición do Carné Miudiño nestas FAQs.

Que beneficios ten renovar o meu carné a través dos caixeiros de Abanca?
Os mesmos beneficios que se tramitas o teu abono online. Desfrutarás de todas as vantaxes.

Como renovo o meu abono nos caixeiros Abanca?
Durante a semana do 16 de decembro todos os abonados recibirán no seu domicilio unha carta que inclúe dous recibos que se poderán utilizar para renovar o seu abono nos caixeiros Abanca. En cada un hai un código de barras que se deberá escanear no caixeiro automático, soamente débese utilizar un dos recibos. Un é unha renovación sinxela, a outra é renovación con camiseta.

Por que hai dous recibos?
Un deles trátase da renovación básica, que soamente inclúe o importe da renovación do abono para o ano 2020. O outro recibo inclúe a renovación máis unha camiseta de adulto da segunda equipación da tempada 2019/20 rebaixada a PVP 67€. Só debes utilizar un. Se utilizas o de renovación + camiseta recibirás na túa casa o Pack de Benvida cun vale para retirar a camiseta na tenda de A Sede ou de Abanca Balaídos.

Non se me dá moi ben usar os caixeiros, É un proceso complicado?
Simplemente debes seleccionar a opción de “Pago de Recibos” e seguir as instrucións da pantalla. En caso de calquera dúbida, pide axuda ao persoal da oficina de Abanca, que che asistirá para facilitar o pago.

E como pago no caixeiro?
Podes pagar con tarxeta de débito/crédito de calquera entidade ou en efectivo. Recibirás un comprobante da operación no mesmo caixeiro.

E o carné e os descontos?
Non te preocupes. Recibirás un Pack de Benvida na túa casa na seguinte semana despois de tramitar a operación. Se es beneficiario dalgún desconto gozaralo igualmente.

Que prazo teño para renovar o meu abono nos caixeiros de Abanca?
Desde o 16 ata o 31 de decembro.

Podo tramitar o meu abono na Oficina de Abonados de Abanca Balaídos?
A Oficina de Abonados establécese como un punto de resolución de dúbidas e incidencias na que soamente se poderán tramitar os seguintes casos:

  • Categorías “maior de 65” e Miudiño
  • Nenos que pasan de Miudiño a Infantil
  • Cambios de bancada (non de butaca)
  • Financiamento conxunto de varios abonos

Cal é o horario da oficina de abonados do estadio Abanca Balaídos?
De 10h a 14h e de 17h a 20h soamente para atender dúbidas, consultas ou incidencias.

Os nenos de menos de 5 anos pódense facer socios de forma gratuíta?
Si. Soamente deben ser fillos de abonados para poder gozar do seu Carné Miudiño.

Que condicións ten o Carné Miudiño?
Os nosos Miudiños terán o seu número de socio e acumularán antigüidade igual que calquera outro socio. Non disporán dunha localidade asignada, pero poderán retirar invitacións para os partidos que queiran na Oficina de Abonados, a condición de que haxa localidades dispoñibles e sempre na bancada dos seus pais. As invitacións non se poden retirar nos días de partido. Non se poderán retirar invitacións para Miudiños nos partidos marcados como Días de Club.

E se quero reservar unha butaca durante toda a tempada?
Terás que facer un Carné Infantil para menor de 8 anos. O prezo é 50 €.

O meu fillo, abonado Miudiño, xa cumpriu 5 anos. Que teño que facer para renovar o seu abono?
Terás que facer un Carné Infantil para menor de 8 anos. O prezo é 50 €. Como terá que escoller asento, debe realizar a tramitación na Oficina de Abonados.

Que necesito para obter o Carné Miudiño?
O abono tramítase na  Oficina de Abonados do estadio Abanca Balaídos, presentando o Libro de Familia.

E se nace durante a tempada e quéroo abonar?
Todos os nados durante a tempada poderán facerse abonados do carné Miudiño en calquera momento do ano.

Se se esgota o aforo do estadio coas altas e renovacións, reservaredes butacas para poñer á venda entradas para cada partido?
Non. Se o aforo esgótase con abonados non se poñerán á venda entradas durante a tempada.

Como podo saber en que categoría estou?

Adulto: Entre 26 e 64 anos (inclusive)

Sub 25: Entre 16 e 25 (inclusive)

Sub 15: Entre 8 a 15 (inclusive)

Carné Infantil: Menores de 8 anos

Carné Miudiño: Menores de 5 anos

Maior 65: Maiores de 65 anos.

Podo fraccionar o pago do abono?
Si, podes financiar o teu abono. Desta forma, pagarás o abono en cómodas cotas mensuais. Os intereses son TIN 7,25% TAE 7,50. Trátase dunha oferta financeira suxeita aos criterios de concesión e risco de Abanca Servizos Financeiros, E. F. C., S.A, o cal valorará cada solicitude en función de criterios de risco e da súa Política de Aceptación de Cliente. A cota mensual mínima debe ser 10 €.
Exemplo de financiamento para abono de Marcador 292 € en 10 cotas mensuais de 30,18 €. O importe total debido será 301,79 €. A oferta é válida ata o 31/12/2019.

Teño que ser cliente dalgún banco en concreto?
Non é necesario, podes ser cliente de calquera banco e tramitar o financiamento do teu abono con Abanca.

Podo financiar o meu abono se o tramito a través da páxina web?
Si, só debes completar a información requirida para financiar o teu abono.

Financiei o meu abono o ano pasado, que teño que facer?
Podes tramitar un novo financiamento na web istovaidecorazon.rccelta.es.

Son accionista, como podo beneficiarme do meu desconto?
O teu desconto aplicarase automaticamente independentemente da vía de renovación do teu abono.

Cantas accións necesito para beneficiarme do desconto de accionista?
Con posuír unha acción do RC Celta será suficiente.

Que requisitos son necesarios para poder obter o desconto familiar?
Este desconto está reservado para matrimonios e parellas de feito. Tamén para pais con fillos de entre 8 e 17 anos (inclusive). Se queres gozar deste desconto debes solicitalo na Oficina de Abonados presentando o teu Libro de Familia. Nas tempadas seguintes non será necesario este trámite mentres se compren as condicións. Debes facilitar a túa conta IBAN correcta no momento de tramitación do abono, senon perderás o dereito a este desconto.

O desconto familiar aplícase en tramitacións online ou en caixeiros?
Si, aínda que como temos que cotexar datos de varios abonados durante toda a campaña non podemos aplicalo directamente. Unha vez estean tramitados todos os abonos se lle devolverá o importe á conta que facilitou. Se non facilita a conta IBAN correcta, non se lle fará o desconto.

Porqué teño que indicar o meu número de conta á hora de realizar a miña renovación?
Se gozas dun desconto ingresarase o importe correspondente ao teu desconto na conta indicada. No caso de que non se facilite un IBAN correcto, pérdese o dereito ao desconto.

Podo cambiar de bancada á hora de renovar o meu abono?
Si, pero debe tramitar o abono na Oficina de Abonados.

Quero cambiar de asento dentro da miña bancada actual. Que teño que facer?
No mes de xaneiro haberá unha campaña de cambio de asentos para facer cambios dentro da mesma bancada.

Quero cambiar de asento. Que debo facer?
Tes que renovar o teu abono antes do 31 de decembro. Posteriormente solicitar o cambio de asento durante a campaña de cambios de asento.

O cambio de bancada ou asento implica a perda de antigüidade do abono?
Non, o cambio de bancada ou asento non implica a perda de antigüidade.

Podo cambiar de nome o abono na renovación?
Non, o cambio de titularidade implica unha nova alta.

Podo ter máis dun abono ao meu nome ou a nome dunha empresa?
Se é a nome dunha empresa pódeo facer, pero non un carné de persoa física.

Teño varias accións e varios abonos pódome beneficiar do desconto de accionista en todos?
As persoas físicas só poden ter un abono ao seu nome. As persoas xurídicas (empresas, peñas, etc…) poden ter tantos abonos como queiran pero só se beneficiarán do desconto de accionista nun deles.

Que é un abonado histórico?
Para ser abonado histórico debe ter unha antigüidade ininterrompida de máis de 25 anos no club, converténdose así en abonado Prata. Se superamos os 35 anos adoptaría a condición de abonado Ouro. Cando supere os 50 anos será un distinguido abonado Platino.

Como abonado histórico teño algún tipo de beneficios?
Si. Pode gozar de invitacións ao longo da tempada. Un abonado Prata terá 5, o Ouro 8 e o Platino 10. Sempre suxeito a dispoñibilidade de aforo. Non se aplica en ningún caso desconto na venda de entradas. Estas invitacións non se poden retirar nos Días de Club.

Como podo gozar das devanditas invitacións?
Poderá retirar un máximo de 2 invitacións por partido, non incluíndo os Días de Club. Deberá solicitalas durante a semana antes do partido, nunca o mesmo día. Sempre suxeito a dispoñibilidade de aforo.

Cantos Días de Club haberá esta tempada?
3 Días de Club, do mesmo xeito que todas as tempadas.

Este ano, están incluídos todos os partidos no abono?
A renovación ou alta do abono anual en decembro de 2019 dá dereito ao seu titular a asistir a todos os partidos de La Liga e da Copa do Rei.

Quero darme de alta na Bancada Siareiros. É posible?
Actualmente é unha bancada sen aforo dispoñible. Só se poderán dar novas altas no caso de que haxa baixas.